TRANSPARENCIA E CALIDADE
AFAOR, entidade declarada de Utilidade Pública pola Xunta de Galicia -entidade coa que rubrica un contrato para a prestación dun servizo público- e acreditada por esta Administración como Entidade Prestadora de Servizos Sociais co número de rexistro 902, traballa por e para enfermos de Alzheimer e os seus familiares sen buscar ningún beneficio económico. Ademais, para dar cumprimento coa normativa de transparencia, acceso á información pública e bo goberno (Lei 1/2016, do 18 de xaneiro e Lei 19/2013, do 9 de decembro), convidamoste a consultar os nosos estatutos , a composición do noso Consello de Administración , a nosa memoria e memoria financeira ,así como o plan estratéxico, código ético, misión, visión e valores de Afaor.
Para Afaor son imprescindibles os protocolos de igualdade, seguridade e calidade e, para demostralo, conta cun Plan de Igualdade , así como o Certificado de Calidade (ISO 9001:2015) nos Programas de Formación Profesional, Fomento da Autonomía e Atención ás Familias. Ademais, somos unha ONG acreditada pola Fundación Lealtad en transparencia e boas prácticas de xestión.