top of page
PROGRAMA DE VOLUNTARIADO
A necesidade de apoio ao terceiro sector faise día a día máis patente: as carencias olladas son cada vez maiores, algo inversamente proporcional ás axudas recibidas por parte das administracións públicas.
A sobrecarga de traballo que padecemos, afróntase cun equipo reducido que ve no voluntariado a única maneira de facer fronte á atención de todas as actividades desenvoltas pola asociación: apoio na atención directa aos enfermos, organización de campañas solidarias, promoción do coñecemento da asociación e a propia enfermidade, etc.
Dende aquí aproveitamos novamente para dar as grazas.
bottom of page