top of page
PROGRAMA DE AXUDAS TÉCNICAS
Este programa está destinado a promover o coidado diario dos enfermos nas fases máis avanzadas da demencia, previr a aparición de lesións cutáneas e/ou esteomusculares e a contribuir á economía familiar mediante o préstamo de fundamentalmente camas articuladas e grúas eléctricas a un custo mínimo.
Lembremos que o enfermo, neste intre, presenta unha gran dependencia do seu coidador, quen, á súa vez, observa un desgaste físico e emocional importante, polo que este servizo proporciona un beneficio significativo para ambos.
bottom of page