PROGRAMA DE APOIO A MULLERES NO ÁMBITO RURAL E URBANO
O programa de apoio a mulleres para a inserción laboral é unha iniciativa deseñada para axudar a este colectivo para entrar ou reintegrarse ao mercado laboral, loitando contra os desafíos da discriminación de xénero, a falta de habilidades específicas ou a brecha salarial, entre outros.
O obxectivo principal é empoderar ás mulleres e facilitar a súa participación activa no ámbito laboral.
O programa ofrece unha variedade de servizos e recursos:
-
Capacitación e Desenvolvemento de Habilidades: cursos e talleres para mellorar as habilidades profesionais e técnicas das mulleres, facéndoas máis competitivas no mercado laboral.
-
Asesoramento e Orientación Profesional: sobre opcións de carreira, desenvolvemento profesional e consellos para a procura de emprego.
-
Redes de Apoio: para establecer conexións e redes, o que pode ser crucial para acceder a oportunidades laborais.
-
Mentoría: para brindar orientación e apoio personalizado no seu desenvolvemento profesional.
En AFAOR convidámoslles a informarse e participar desta iniciativa.