PROGRAMA PROVINCIAL DE INFORMACIÓN E ACOLLIDA A FAMILIARES DE ENFERMOS DE ALZHEIMER E OUTRAS DEMENCIAS
A doenza do Alzhéimer non só afecta á persoa que a padece, senón que leva cambios importantes na vida do seu entorno familiar; xa que ten unha ampla repercusión sociosanitaria, é necesario un abordaxe interdisciplinar que implica, en cada momento, a mobilización dos recursos adecuados.
Por iso dende AFAOR realizamos labores de información e asesoramento claro, próximo e personalizado en función de cada caso particular, ofrecendo posibles solucións grazas aos diferentes recursos e servizos cos que contamos na actualidade: atención psicolóxica aos familiares, obradoiros de estimulación física e cognitiva para pacientes, formación especializada para coidadores, préstamo de axudas técnicas a domicilio, etc.
Achégate ás nosas instalacións, ou ponte en contacto a través das nosas redes sociais ou correo electrónico.
Escoitarémoste e axudaremos...