top of page

No ano 1995 nace a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Ourense (AFAOR), unha entidade sen ánimo de lucro que ten como principal obxectivo mellorar a calidade de vida dos nosos usuarios e apoiar aos seus coidadores e familiares. Para cumprir co noso traballo, AFAOR tece unha rede de colaboración entre entidades públicas e privadas e os nosos asociados, pensando en ofrecer aqueles servizos que faciliten o día a día dos enfermos de Alzheimer e de todo o seu entorno.

 

Precisamente, pensando nese día a día, AFAOR conta cun excelente grupo de profesionais, podes ver o noso Organigrama premendo aquí, e composición do noso Equipo Directivo aquí, así como un catálogo de vantaxes a disposición de todos os nosos socios.

Ademais de manter activos aos enfermos de Alzheimer con todas as actividades que organizamos na nosa asociación, como obradoiros de memoria, as familias tamén poden beneficiarse de préstamos de axudas técnicas, información e asesoramento, entre outros servizos.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Preme "Reproducir" para iniciar o vídeo

En recoñecemento ao seu traballo, AFAOR foi declarada de Utilidade Pública en 2010 polo seu esforzo de sensibilización, información e atención aos afectados de Alzheimer e outras demencias. e ten o  Certificado de calidade (ISO 9001:2015) nos Programas de Formación Profesional, Fomento da Autonomía e Atención ás Familias.

bottom of page