top of page

PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO DIRIXIDO A PERSOAS DESEMPREGADAS


O obxectivo deste proxecto é a formación e cualificación dos beneficiarios para o acceso ao emprego relacionado en sectores estratéxicos a través de 4 itinerarios.

Realizaremos accións de orientación e asesoramento, formación transversal en novas tecnoloxías e/ou idiomas, técnicas de coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación para a busca de emprego, fomento da capacidade emprendedora, prospección empresarial...


En definitiva, a finalidade deste proxecto é que poidan incorporarse canto antes ao mercado laboral nun sector emerxente.


DOCUMENTACIÓN REQUIRIDA
As persoas interesadas deberán enviar canto antes a este mesmo enderezo electrónico a seguinte documentación para realizar a preinscrición no acceso ao programa. Posteriormente serán convocados a unha reunión informativa e de aclaración do programa.

-DNI/NIE
-Demanda laboral elevada e actualizada
-CV
-Título se o tes
Para máis información ou inscricións podes contactar connosco no 653392606.

bottom of page